Mancomún

ReactOS, unha alternativa ao monopolio de Windows para iniciados ao SwL

Martes, 11 Novembro 2008
ReactOS é un sistema operativo, gratuíto e de código aberto, que mostra o empeño dun grupo de programadores por crear unha alternativa en software libre a Microsoft Windows, mantendo a compatibilidade co hardware e software existentes.

Os programadores de ReactOS pretenderon manter unha compatibilidade total co software desenvolvido para sistemas operativos como Windows NT ou Windows XP. Para logralo utilizan unha arquitectura similar e ofrecen unha interface completa e equivalente., polo que se converte nunha alternativa moi atractiva para empezar a relacionarse co mundo GNU antes de dar o salto ao mundo Linux.

Ademais, o conxunto de programadores involucrados detrás deste sistema operativo, traballa cada día para dotar de maiores funcionalidades a este.

Fonte: Hoy Software

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal