Segundo os plans iniciais de publicación de OpenOffice.org, a versión 3.1 agardábase que estivera finalizada xa a finais deste mes, mais o equipo de desenvolvedores segue a traballar para corrixir erros que consideran de importancia suficiente como para non publicar aínda unha versión final.
Agora ben, para todos aqueles impacientes por probar esta nova versión (da que xa adiantamos no seu día as características que incorpora), acábase de publicar unha nova versión candidata, a rc2, que de non conter erros graves podería converterse na definitiva, aínda que non antes do 7 de maio segundo a información proporcionada polo propio proxecto.
Esta nova versión tamén está dispoñíbel en galego grazas aos esforzos da comunidade de tradución ao galego coordinada por Mancomún…
A descarga de OpenOffice.org 3.1.0rc2 pódese facer dende o mirror de OpenOffice.org albergado na UDC ou dende calquera dos outros mirrors existentes.
Versións para Linux:
- LinuxIntel_install_gl.tar.gz
- LinuxIntel_install_gl_deb.tar.gz
- LinuxIntel_langpack_gl.tar.gz
- LinuxIntel_langpack_gl_deb.tar.gz
- LinuxX86-64_install_gl.tar.gz
- LinuxX86-64_install_gl_deb.tar.gz
- LinuxX86-64_langpack_gl.tar.gz
- LinuxX86-64_langpack_gl_deb.tar.gz
Versións para Windows
Versión para MacOSX
Unha vez saia a versión definitiva poderedes atopala na páxina oficial de OpenOffice.org en galego e como sempre, na nosa páxina de produtos estrela:
