A distribución de Linux pretende ofrecer unha virtualización completa en servidores e sobremesa provistos de Software Libre
Red Hat vén de adquirir Qumranet, una compra que axudará á compañía líder mundial de solucións de código aberto a transformar o mercado de virtualización e a impulsar unha tecnoloxía de virtualización e solucións de xestión completas en todo os sistemas.
A adquisición comprende solucións de virtualización compostas pola plataforma KVM (Kernerl Virtual Machine) e SolidIce. Ademais, o equipo de profesionais de Qumranet, que desenvolve, proba e dá soporte ás solucións da empresa, e os líderes do proxecto KVM da comunidade open source uniranse a Red Hat.
Para o provedor estadounidense esta adquisición supón transformar o mercado de virtualización e impulsar unha tecnoloxía capaz de reducir custos de TI en servidores e desktops de Linux, así como tamén de Windows. A solución comprende mensaxería avanzada entre aplicacións, solucións de clustering de alta dispoñibilidade ou unha solución de xestión cloud e grid, entre outros compoñentes.
Jim Whitehurst, presidente e conselleiro delegado de Red Hat, destaca que esta adquisición favorece a súa capacidade de ampliar a distancia entre o software de infraestrutura de código aberto e o propietario. Pola súa banda, Benny Schnaider, conselleiro delegado de Qumranet, mostrou a súa satisfacción por unirse a Red Hat e crear solucións de virtualización nunha compañía importante dentro do sector.
Fonte: Silicon News
