Segundo Dana Blankenhorn, columnista de negocios de ZDNet, Red Hat é a compañía de fontes abertas máis sobranceira da década , Blankenhorn expón nun completo artigo como Red Hat pasou do modelo de ventas ao por menor ao modelo empresarial, conseguindo un gran éxito aínda cando o seu código é compartido.
Segundo este xornalista o que fai forte a Red Hat é o seu negocio a gran escala. O seu código é compartido, ao igual que varios recursos dos que dispón, e aínda así puido manter a empresa facendo rendíbel o seu traballo.
CentOS, que está baseado no código de Red Hat Enterprise Linux non é unha preocupación para Red Hat, xa que conta con moitos máis recursos que foi construíndo para probar, desenvolver, innovar e seguir adiante co seu negocio ben formado.
Outras observacións que fai o periodista é que Red Hat soubo facerlle fronte aos negocios a través da súa tecnoloxía, ao contrario que outras empresas similares que o que fan é buscar acordos, fan anuncios, xeran rumores ou falan de capital de risco.
Jim Whitehurst, CEO de Red Hat afirmou nunha entrevista concedida a eweek.com que Red Hat foi tan innovadora para as TIC como Facebook e Wikipedia o foron para Internet.
Segundo Whitehurst, unha cousa e facer unha distribución Linux, e outra facer un modelo de negocios arredor dela. Que é o que levou a Red Hat a ser líder neste eido, demostrando que é rendíbel o negocio do código aberto e o software libre.
Red Hat foi medrando economicamente, superando a crise, ou mellor dito, aproveitando o momento para ofrecer solucións de código aberto de calidade a menor prezo.
As súas accións superaron en prezo ás de Microsoft, que aínda que ten moito menos que os de Redmond, engádelle un certo valor a empresa.
Fonte: espaciolinux.com
