Mancomún

Red Hat e Novell terán novo rival en servidores, Ubuntu

Venres, 4 Abril 2008
UbuntuO mercado de software de código aberto para servidores terá un novo contendente: o ata agora insignificante (en servidores) Ubuntu Linux consegue a certificación de Sun Microsystems para os seus produtos, polo que poderá medirse de ti a ti con outros fabricantes como Red Hat e Novell.

Mark Shuttleworth, fundador de Ubuntu Linux, anunciou onte que Sun Microsystems certificará pronto o seu software como compatible con algúns dos produtos Sun. Desta forma convértese no primeiro gran fabricante de servidores que permite que o seu hardware funcione con Ubuntu Linux. Grazas a estas certificacións, moitos desenvolvementos Linux empezarán a ser compatibles co hardware e o software vendido por Sun.

 
Foi así como Red Hat, que agora ingresa uns 523 millóns de dólares ao ano, converteuse no gran provedor de Linux para servidores. O software de Red Hat está certificado para traballar con centos de programas e pezas de hardware diferentes, o que significa que os seus clientes non necesitan logo gastar tempo nin diñeiro adaptando o software para o seu funcionamento nos sistemas existentes na compañía.

Terri Molini, portavoz de Sun, explicou que a súa compañía quere tamén facer que a linguaxe de programación Java, as súas ferramentas e o seu servidor sexan compatibles coa nova versión de Ubuntu “Ubuntu 8.04”, que estará lista a finais deste mes co nome en código Hardy Heron.

 
Fonte: Theinquierer.es  
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal