Red Hat non para de xerar novas ultimamente. Despois da súa adquisición por parte de IBM e do redeseño do seu logo (con chapeu novo incluído), achéganos unha actualización maior do seu sistema operativo baseado en GNU/Linux pensado para contornas na nube e empresas, Red Hat Enterprise Linux 8, con novas características e optimizacións.
Novo logo de Red Hat

Cambio de estilo do logo, chapeu novo
Características destacadas de Red Hat Enterprise Linux 8
– Extensión Red Hat Smart Management, administración de almacenamento hibrido na nube.
– Application Streams, framework e ferramentas de desenvolvemento.
– Melloras na administración de sistemas, Windows e Linux, co Red Hat Enterprise System Roles.
– Soporte para os estándares OpenSSL 1.1.1 e TLS 1.3, melloras no soporte das arquitecturas ARM e POWER, solucións SAP, aplicacións en tempo real e soporte para a nube hibrida de Red Hat.
– Gnome 3.28 como escritorio predeterminado con Wayland.

– Substitúese iptables con nftables.
– Actualizáronse compoñentes básicos (kernel 4.18, GCC 8).
– Xestor de paquetes DNF en lugar de YUM.
– Implementación predeterminada de Python 3.6, soporte limitado para Python 2.7.
– Eliminouse o soporte para o sistema de arquivos Btrfs.
Vídeo promocional de Red Hat
Red Hat, como acostuma a facer, aproveitou as tecnoloxías utilizadas e desenvoltas en Fedora 28 como base para construír a nova versión de Red Hat. Deste xeito, utiliza o camiño aprendido durante estes anos, testeando e probando cos usuarios de Fedora estas tecnoloxías antes de sacalas nunha versión empresarial, robusta e estable.
Máis información nesta ligazón.
