CHAOSS, do inglés Community Health Analytics Open Source Software, é un proxecto da Linux Foundation creado co obxectivo de sentar as bases necesarias que permitan, empregando software libre, facer unha medición do estado de saúde dun proxecto e da súa comunidade de desenvolvedores.
Prospector é unha ferramenta desenvolvida por Red Hat, creada para ofrecer un panel de control onde poder manexar toda unha serie de parámetros sobre o noso proxecto FLOSS, como o numero de bug reports, participación en listas de correo, etc.
Creado baixo licenza GPLv3, Prospector únese á iniciativa da Linux Foundation para levar un paso máis aló a filosofía da mesma: Se non o podes medir, non o podes mellorar.
