Dentro dos torneos que se organizan para a
Scul Party’08 vemos un patrocinado por
Redegal para o deseño e programación dun
portal en Software Libre. O obxectivo do concurso é remozar a actual web de
Redegal, tendo en conta as seccións actuais e empregando obrigatoriamente o xestor de contidos
TYPO3.
A puntuación final obterase en función da aparencia estética da web (deseño, usabilidade, funcionalidade, accesibilidade, …), podendo facer uso das extensións dispoñibles no repositorio de TYPO3. O premio para o gañador será unha Sony PlayStation 3.
Especificacións da web:
- Uso OBLIGATORIO do xestor de contidos TYPO3.
- Versión estable de TYPO3: 4.2.0 e tamén versións estables de todas as extensións utilizadas.
- Web accesible (W3C) e usable.
- Plataforma multi-idioma onde o idioma por defecto sexa o galego e, ademais, castelán e inglés.
Para ver todas as especificacións consultar a web da Scul Party’08.