RefactorMyCode é unha rede social onde os desenvolvedores poden subir o seu código para que sexa corrixido, limpado e optimizado por outros. Este proceso de revisión e optimización é coñecido como refactorización (do inglés Refactoring).
Para traballar en RefactorMyCode, o único que hai que facer é mediante un servidor OpenID e expoñer o código que necesita ser resolto ou mellorado. Do mesmo xeito, pódese colaborar na resolución de programas alleos. Este é o obxectivo de Refactor my code, unha rede social onde enviar o código fonte e beneficiarse do coñecemento colectivo.
Polo momento están contemplados as seguintes linguaxes: Ruby, Python, Perl, PHP, Javascript, Java, C, C# e Lisp. En palabras de Marc-André Cournoyer (creador do proxecto) RefactorMyCode é â??de entrada, un xogo. Debo advertir que RefactorMyCode (RmC) é unha aplicación na onda web 2.0 concibida por un desenvolvedor e para desenvolvedores … … RmC permite a os seus membros compartir código fonte co resto da comunidade. Todo o mundo está en disposición de intentar refactorizar o código orixinalâ??.
RefactorMyCode conta cunha interface limpa e inclúe o resaltado en cores dos códigos, o que fai mucho máis sinxela a súa lectura. Ademais, inclúe un concurso de popularidade para alimentar o ego dos mellores â??refactorizadoresâ? e incentivar, en xeral, aos usuarios á colaboración na resolución de outros códigos.
Fonte: Aplicaciones Empresariales
