Mancomún

Relatorio de achegamento ao SwL en Lugo

Xoves, 22 Maio 2008
Segundo nos informa Roberto Brenlla no seu blogue, a ONG A Cova da Terra, organiza para o vindeiro 28 de maio, ás 20:00, no seu local en Lugo, unha xornada de “Achegamento ao Software Libre”.
O relatorio será impartido polo propio Roberto, en representación de AGNIX.

A Cova da Terra traballa desde 1995 no eido do comercio xusto, vendendo produtos das cooperativas de países empobrecidos e sensibilizando e formando ás/aos consumidoras/es, e futuras/os consumidoras/es do noso contorno máis próximo.

 

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal