Mancomún

Relatorio de Introdución a GIT na FIC da UDC

Venres, 11 Abril 2014

Fieis á súa cita de cada semana, GPUL anuncia un novo relatorio no seu ciclo Xoves Libres, o relatorio "Git dende o principio", que versará sobre o sistema de control de versións GIT e será impartida por Santiago Saavedra López, presidente da asociación GPUL.

Cartel do relatorio

Santiago Saavedra é un apaixonado de Git que comezará facendo unha pequena introdución ao control de versións con esta ferramenta, partindo dun nivel básico ata un avanzado nunha charla que terá lugar no laboratorio 0.1w da FIC o Mércores 23 ás 18:30 horas.
Git é un sistema distribuído de control de versións, gratuíto e open source deseñado para manexar todo tipo de proxectos, dende os máis pequenos ata proxectos de gran envergadura, con velocidade e eficiencia. É sinxelo de aprender e ao mesmo tempo dispón dun número moito máis elevado de características que outros sistemas como Subversion ou CVS.

Algúns exemplos son o seu tremendo sistema de ramas, a posibilidade de realizar commits en local sen ter que dispor de conexión a internet, mantendo repositorios locais e remotos ao mesmo tempo ou a gran variedade de fluxos de traballo que permite realizar.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal