A Facultade de Informática de A Coruña organiza unhas xornadas sobre seguridade informática durante os dous próximos días (29 e 30 de outubro).
Dentro dos relatorios destas xornadas destaca o que dará Luciano Bello, desenvolvedor de Debian que falará sobre a vulnerabilidade no paquete de OpenSSL. Este bug afectaba a todas as chaves xeradas por openssl e calquera outro programa ligado con libssl (como openssh e openvpn).
Sobre as xornadas
A entrada é totalmente libre, aínda que se recomenda inscribirse (para a obtención do crédito de libre configuración é obrigatoria a inscrición) para facer unha estimación dos asistentes…
Máis información en:
http://jornadas.feval.info
