O próximo mércores 11 de decembro, en horario de 19:00 a 21:00, terá lugar o evento “Is your web application secure enough?” organizado polo grupo Coruña JS, no local de Hack A Boss (Av. Linares Rivas, 50 – A Coruña).
Is your web application secure enough?
Nesta ocasión, Coruña JS contará con Murillo Ferreira para falar dos tipos de ataques máis frecuentes contra aplicacións web (XSS, CSRF, ReDoS…) e de como aplican hoxe en día.
No relatorio, Murillo contará as medidas de protección que ofrecen os frameworks frontend máis coñecidos como Angular, React ou Vue, así como o uso dalgunha librería que nos axudará a protexer os nosos servidores en Node.js.

Tamén explicará en detalle un ataque XSS que afectou fai pouco á coñecida páxina de Epic Games (creadores do videoxogo Fortnite), a través do cal podíanse obter tokens de acceso ás contas dos seus usuarios.
Ao rematar a sesión terán pinchos e refrescos para amenizar o networking.
Coruña JS

Grupo de programadores afincados na cidade de A Coruña. Reúnense mensualmente para falar sobre JavaScript e o seu ecosistema: Node.js, TypeScript, React…
