Mancomún

Remata o prazo de inscrición de varios cursos de tecnoloxías libres do CNTG

Luns, 31 Outubro 2016

O vindeiro mércores 2 de novembro remata o prazo de inscrición para varios dos cursos de tecnoloxías libres ou metodoloxías de programación ofertados polo Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG).

Concretamente finaliza o prazo para se inscribir nos seguintes cursos:

  • Administración de sistemas operativos Linux LPI1 (ed única y teleformación)
  • Admin. de sistemas operativos Linux LPI1 (teleformación)
  • Introdución a admin. de sistemas operativos Linux-Linux Essentials (teleformación)

A inscrición estará aberta ate o mércores 2 de novembro e as probas de selección terán lugar o martes 8 de novembro no salón de actos do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, ás que se aplicarán os criterios de selección habituais.

As temáticas dos cursos van dirixidas aos diversos perfís profesionais do sector TIC: xestión e dirección de proxectos, infraestruturas, redes de comunicacións e sistemas.

Todos estes cursos teñen un marcado compoñente Open Source posto que están desenvolvidos sobre ferramentas de código aberto, estándares de desenvolvemento colaborativo pero tamén están enfocados ao eido empresarial onde o coñecemento e dominio destas tecnoloxías significa un factor relevante na competitividade das empresas do sector TIC.

Para máis información ou para se inscribir nos cursos é preciso acceder ao curso do seu interese a través da seccion de formación do portal do CNTG

Administración de sistemas operativos Linux LPI1

O curso preparará ao asistente nos currículos e contidos formativos correspondentes aos dous exames LPI (Linux Professional Institute) que conforman a certificación LPIC-1 (certificación profesional junior de Linux) desta organización: exames 101-400, LPIC-1 General Linux Part 1, e 102-400, LPIC-1 General Linux Part 2. A acreditación LPIC-1 permite ao profesional que a posúe demostrar que dispón das habilidades e coñecementos necesarios para guiar ás organizacións na administración local dun servidor Linux.

Aínda que o obxectivo desta acción formativa consiste en que o alumnado adquira as competencias necesarias para o desempeño dun posto de traballo, como valor engadido da formación, caso de que exista o debido aproveitamento do curso por parte do/da alumno/a a acción formativa inclúe a realización do exame de certificación 101-400; exame que poderá levar a cabo de balde ao asumir, por unha única vez, os custos da súa realización o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG). Previsiblemente esta proba terá lugar durante o mes de xaneiro de 2017 nas instalacións do CNTG.

Introdución a admin. de sistemas operativos Linux-Linux Essentials (teleformación)

Este curso permitirá aos asistentes coñecer os conceptos e compoñentes básicos de Linux, as aplicacións de código aberto propias da contorna laboral, os sistemas de navegación e axuda dun escritorio Linux, a operativa de comandos e arquivos, como facer accesible o sistema e ser capaz de conectarse con outros ordenadores nunha rede local etc… O temario a desenvolver incluirá todos aqueles contidos do currículo formativo oficial definido por LPI necesarios para obter a acreditación como “LPI Linux Essentials Professional Development Certificate”.

Aínda que o obxectivo desta acción formativa consiste en que os alumnos adquiran as competencias necesarias para o desempeño dun posto de traballo, como valor engadido da formación, caso de que exista o debido aproveitamento do curso por parte do/da alumno/a a acción formativa inclúe a realización do exame de certificación LPI Linux Essentials, exame que poderá levar a cabo de balde ao asumir, por unha única vez, os custos da súa realización o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG).

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal