O 25 de setembro a Rede de Dinamización da Sociedade da Información concluíu os obradoiros de elaboración de presentacións con Impress e procesador de textos Writer na SITE da Fundación CEL, ao que acudiron en total 11 persoas.
Estes obradoiros viñan realizándose desde o día 22 de setembro e tiñan unha duración de 6 horas.
No obradoiro de Impress os usuarios aprenderon a elaborar presentacións de forma sinxela co Impress, ferramenta de OpenOffice.org que é unha suite ofimática de software libre e gratuíta.
Outra das ferramentas do OpenOffice.org que se empregou noutro obradoiro foi o Writer, no que os asistentes coñeceron as posibilidades máis comúns para elaborar textos e darlles formato.
Logo destes obradoiros a aula SITE permanecerá pechada até novo aviso…
Fonte da nova:
http://dinamiza.sociedadedainformacion.eu
Web do centro que publicou a nova:
http://dinamiza.sociedadedainformacion.eu/centros/index.php?idc=46
