Mancomún

Resumo en datos da OpenExpo2016

Mércores, 6 Xullo 2016

Logotipo de OpenExpoOpenExpo 2016 vén de publicar os datos relativos á participación e asistencia no evento que tivo lugar o 2 de xuño. 

Esta terceira edición da Feira e Congreso, en palabras da propia organización, “foi un éxito, permitindo ubicar a OpenExpo como o líder dos evento nos campo de tecnoloxías abertas de España”. Así mesmo, facendo unha comparativa coa edición anterior a nova edición mellora os datos acadando 2.143 visitantes (ata 49% máis co ano pasado), 120 empresas participantes (50% máis); dobrando o número de expositores e coa presentación de máis de 80 Papers (aumento de 20% con respecto á anterior data).
A reunión, en palabras da organización, gañou ademais en presenza coa asistencia de responsables TI, CIO e CTO dos maiores anunciantes do país sendo os sectores máis representados no evento os da Tecnoloxía da Información e Telecomunicacións e Tecnoloxía/Innovación.

Centrándose nas semanas previas á celebración da OpenExpo a web gañou unha media de 1.500 visitas nun día, chegando a 4.000 nos días máis intensos de actividade.

O impacto do evento tamén se viu reflectido nas redes sociais que tiveron un forte crecemento ao redor do evento este ano. Así pois, dende OpenExpo publican un aumento do 52% de fans en Facebook e 102,8K impresións en Twitter, número de veces que se mostra una publicación da páxina, o mes antes do evento. O mesmo día do evento realizáronse 15.4 K impresións e o hashtag #OpenExpo2016 acadou a cifra de 3750 tweets xerados.

A organización tamén ofreceu máis datos na súa web acerca da celebración do eventom no que participaron máis de 100 oradores en 6 salas de conferencias ininterrompidas enfocadas a encontros, obradoiros e mesas redondas e onde o numerosos oradores ofreceron as claves para o sector este ano.

Para aqueles que desexen facer un recordatorio do evento e tamén para os que non puideron asistir, mais teñen interese en descubrir de primeira man o que foi o evento, teñen á súa disposición na páxina do evento as imaxes, presentacións e vídeos dos falantes con entrevista e conferencias completas celebradas no OpenExpo2016.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal