Mancomún

Retransmisión do debate sobre o impacto do software de fontes abertas

Venres, 18 Setembro 2009

CENATIC e a Asociación Comunidad de Redes de Telecentros organizan hoxe, dentro das súas actividades para celebrar o Software Freedom Day, un debate en liña dirixido a toda a comunidade internauta. O obxectivo é debater o presente e o futuro das tecnoloxías abertas na sociedade.

O debate será retransmitido por streaming a partir das 11:00 desta mañá a través das súas respectivas webs: http://www.cenatic.es e http://www.comunidaddetelecentros.net

O coloquio estará moderado por Juan Francisco Delgado, director xeral do Consorcio Fernando de los Ríos e vicepresidente da Asociación Comunidad de Redes de Telecentros. Ademáis contará coa participación de personalidades destacadas na materia como Luis Salvador, senador por Granada e portavoz socialista da Comisión de Ciencia e Innovación do Senado; Juan Julian Merelo, Director da Oficina de Software Libre da Universidad de Granada e Rafael Delgado.
O debate estrutúrase en 4 bloques temáticos cun formato un tanto inusual, xa que as intervencións dos relatores deberán ser inferiores a 60 segundos.

Os temas a tratar serán:

  • Análise das políticas de fomento do software libre desenvolvidas polos distintos gobernos e a súa aplicación actual a ámbitos como os da educación, as administracións públicas, a innovación, etc.
  • O software de fontes abertas como oportunidade de negocio.
  • Os dereitos de autor e o software libre e as licenzas Creative Commons.
  • Os telecentros como espazo para o uso e a promoción do software libre.

Fonte: CENATIC

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal