O grupo Python Vigo reunirase o 19 de setembro ás 20.00. Nesta ocasión a cita terá lugar no Colexio Daniel Castelao de Vigo, como a vez anterior.
Localización

Programa de actividades
– Charla: “Creación dunha interface gráfica con PyQT” por Ricardo Dorado.
Explicarase e mostrase o sistema de creación dunha interface grafica en PyQT coa ferramenta de deseño QT Designer.
– Lightning Talks: Exposicións rápidas de 5 minutos cronometradas sobre calquera tema de Python ou relacionado con el.
Repositorio de materiais das charlas anteriores
Podedes acceder ao repositorio a través desta web.
Canles de comunicación co grupo
Lista de correo (única vía 100% oficial)
Twitter
Grupo de Telegram
Slack (canal #pythonvigo)
Fonte orixinal do logotipo de python:
https://commons.wikimedia.org/wiki/File:Python-logo-notext.svg#/media/File:Python-logo-notext.svg
