O grupo Python Vigo reunirase o 16 de xaneiro ás 20.00. Nesta ocasión a cita terá lugar no Colexio Daniel Castelao de Vigo.

Localización

Nesta reunión empezan coa serie de Introdución a Python, para a xente que queira introducirse no mundo Python desde cero.
Programa de actividades
Install party ás 19.30: Axuda para instalar Python e ferramentas básicas.
Relatorios a partir das 20.00
– Iniciación: Introdución a Python 1ª parte por Xurxo Fresco
Fundamentos e funcionalidades básicas da programación en Python.

– Charla: Polaris-Intelixencia artificial para satélites por Xabi Crespo
Telemetría, satélites, intelixencia artificial,…
Lightning Talks
Exposicións rápidas de 5 minutos cronometradas sobre calquera tema de Python ou relacionado con el.
Recompilación de preguntas e dúbidas
Nova sección que permite ter pequenos debates abertos en caso de dispoñer de tempo extra tras o resto de actividades. Lista de temas/dúbidas/preguntas, que en calquera reunión se poidan usar.
Ao rematar, a reunión trasládase a algunha cafetería próxima para seguir charlando e tomando algo.
Todas estas actividades son gratuítas e de acceso libre para calquera persoa, sen darse de alta en ningún sitio.
Repositorio de materiais das charlas anteriores
Podedes acceder ao repositorio a través desta web.
Canles de comunicación co grupo
Lista de correo (única vía 100% oficial)
Twitter
Grupo de Telegram
Slack (canal #pythonvigo)
Fonte orixinal do logotipo de python:
https://commons.wikimedia.org/wiki/File:Python-logo-notext.svg#/media/File:Python-logo-notext.svg
