Mancomún

Reutilizando 70.000 computadores con software libre

Xoves, 29 Xaneiro 2009

Visto en http://www.itais.net:

“No curso 2002/2003 o goberno estremeño comprou 70.000 computadores para os institutos e colexios da rexión. Ao redor de 50.000 foron aos institutos para garantir un computador cada dous alumnos. O resto foi para os colexios.

No seu momento eran bos computadores: 40 Gbytes de disco duro e 256 Mb de RAM eran o estándar naquel tempo. Hoxe son unha verdadeira porquería, e encima 6 ou 7 anos máis vellos, o que non é pouco para estes equipos.

Desfacerse de 70.000 computadores non é unha tarefa cómoda, nin limpa, nin demasiado ética e desde logo, pouco vendíbel desde o punto de vista político ou mediático, así que tivemos que tomar unha decisión acerca de qué facer co cemiterio de elefantes en que se están convertendo as aulas estremeñas.

A decisión que tomamos fai algo máis dun ano é pasalos a facelos funcionar como clientes lixeiros. O venres pasado finalizou o reparto de 3.000 computadores de alta gama que se compraron: un por cada aula e que se empezaron xa a converter nos servidores de terminais de cada aula. O proceso xa empezou e, de momento, funciona con bos resultados…”

“Xa hai case un par de miles de vellos ordenadores funcionando como terminais e levando aos seus usuarios ás velocidades de proceso do ano 2009. Nunhas semanas esperamos que todo estea xa a velocidade de cruceiro e que cambiando un computador por aula prolonguemos uns cantos anos máis a vida de miles de computadores: 3.000 novos para que sobrevivan 50.000. Non creo que sexa mal cambio para estes tempos de crises que corremos.”
 
Máis información na fonte orixinal:
http://www.itais.net/

 
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal