Mancomún

Rexeitada en Aragón proposta a favor do Software Libre

Martes, 23 Decembro 2008

Onte debateuse nas Cortes de Aragón unha proposta sobre a implantación de Software Libre na D.G.A. (Diputación General de Aragón). Esta proposta foi finalmente rexeitada.

A proposición amparábase en tres puntos:

  • Solicitar á Oficina de Software Libre da Universidade de Zaragoza un estudo de necesidades e posibilidades de implantación de aplicacións ofimáticas de carácter aberto e gratuíto (OpenOffice.org) compatibles co sistema operativo Windows, e cos documentos xerados pola versión ofimática de Microsoft.
  • Implantar, no maior número posible dos 46.429 equipos informáticos que o Goberno de Aragón tiña a data 6 de outubro de 2008, aplicacións ofimáticas de código aberto, substituíndo o paquete Microsoft Office no transcurso do ano 2009.
  • Implantar en toda a rede informática do Goberno de Aragón, coas excepcións recomendadas pola Oficina de Software libre da Universidade de Zaragoza, un sistema operativo de código aberto, substituíndo antes do 2011 o sistema operativo Windows.

No debate expúxose que coas licencias dos máis de 46.000 ordenadores que ten a DGA , estanse a pagar uns 10 millóns de Euros aproximadamente a Microsoft. Que eses cartos poderíanse aforrar (ou polo menos unha parte), si se implantase unha serie de medidas que foran incorporando software libre na Administración, de maneira paulatina, constante e con vistas a ter o maior número de equipos con esta tecnoloxía para 2.011.

Fonte: Camyna.com

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal