Mancomún

Richard Stallman visitará a cidade de Vigo durante a súa estadía en Galicia

Mércores, 15 Abril 2009

O gurú do SwL estará o día antes na cidade de Ourense da man da agrupación GULO

Se o pasado luns 13 de abril anunciabamos dende Mancomún a visita de Richard M. Stallman a Galiza para impartir un relatorio na cidade de Ourense, hoxe ampliamos o texto da nova informando sobre a parada que posteriormente realizará o fundador da Free Software Foundation (FSF) en Vigo.

Segundo informa a web do Máster de Software Libre de Caixanova, Richard Stallman -membro do comité asesor do ciclo– impartirá na cidade olívica dúas conferencias abertas ao público no marco do programa oficial do Máster. O acto terá lugar no Auditorio do Centro Cultural Caixanova o 30 de Abril ás 16:00h.

O programa da xornada será o seguinte:

  • O movemento do Software Libre, por Richard Stallman.

  • Entrega dos diplomas aos alumnos da edición do Máster 2007/2008.

  • O perigo das patentes, por Richard Stallman.

Aínda que a entrada é libre, para o control do aforo requírese que cubra a solicitude de inscrición no seguinte formulario web.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal