Mancomún

Roberto Brenlla falará sobre a comunidade galega do SwL no FISL11 de Porto Alegre

Luns, 21 Xuño 2010

FISL 11 Roberto Brenlla informa que, desta volta, vai participar no Fórum Internacional Software Libre co relatorio "Sw Livre em Galicia: ejemplo de Comunidade, Políticas e Negócios".

Terá unha vez máis a oportunidade de representar a AGNIX, AGASOL, ASOLIF, e de promocionar Galicia nos eidos do SwL e a lusofonía.

Esta decimo primeira edición do FISL terá lugar entre os días 21 e 24 de xullo, no Centro de Eventos da Pontifícia Universidade Católica do Rio Grande do Sul, en Porto Alegre, Brasil.

Ademais da representación galega de Roberto Brenlla, está confirmada tamén a participación doutros principais expoñentes do FLOSS mundial. Así, estarán Scott Chacon, evanxelista de Git que traballa no proxecto GitHub; Wietse Venema, creador do Postfix; John Maddog Hall, prtesidente e fundador de Linux Internacional; Michael Hanselmann, administrador de sistemas para Google en Suiza … Pódese ver a lista dos primeiros confirmados na web do evento.

O Fórum Internacional Software Libre (fisl) é considerado o maior encontro de comunidades de software libre de América Latina e tamén un dos maiores do mundo. 
É un punto de encontro anual, de persoas de todos os lugares do Brasil e do mundo para participar en debates técnicos e estratéxicos sobre o desenvolvemento e o uso do software libre. O fisl conta coa participación de empresarios, profesores, investigadores, estudantes, profesionais das áreas privada e pública, así como público en xeral. No ano pasado reuniu cerca de 8 mil persoas e contou con mais de 300 actividades.

Unha novidade en torno á organización do evento deste ano, é a innovadora proposta de creación dunha rede social personalizada, libre e independente en torno ao evento. Utilizando Noosfero, a primeira plataforma web libre para redes sociais desenvolvida no Brasil, e integrado no portal do software livre, os participantes estarán informados de todo o que vai acontecer no fisl11, ao tempo que poderán participar e colaborar antes e durante o evento coa xeración de contido e contribuír ao eito do fisl e do software libre.

Fonte: Tegnix

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal