Roberto Brenlla, economista e membro fundador de AGNIX, difundirá a experiencia galega en materia de Software Libre en Angola no que será o I Foro de Software Libre en Angola e que se celebrará entre o 25 de xuño e o 1 de xullo.
A través do seu blog persoal, Brenlla confirmou hoxe mesmo que asistirá a este evento sobre Software Libre en Luanda (Angola), que está a ser organizado polo angolano Marcio Cándindo e o carioca Marco Lima, participante este último nas “Xornadas Galego Lusófonas do Porriño ” organizadas por AGNIX no 2006.
Segundo explica Brenlla, “a idea é expoñer as experiencias galegas nesta materia desde diversas perspectivas (comunitaria, asociativa, desenvolvedora, política, empresarial e cultural) abrindo lazos de irmandade lusófona entre as comunidades aló presentes: portuguesa, brasileira, angolana e galega”.
