Os próximos días 18, 19 e 20 de maio celebrarase no Departamento de Electrónica e Computación da Universidade de Santiago de Compostela o Bioinformatics Roadshow do European Bioinformatics Institute (EBI).
A Rolda de Presentacións de bioinformática organízase no marco da Rede Galega de Bioinformática (RGB), financiada pola Dirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica do SUG da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a colaboración da Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE).
Esta rede ten como obxectivo principal levar a cabo una ampla oferta de actividades divulgativas, e crear e xestionar infraestruturas, incrementar a comunicación e cooperación entre os grupos de investigación neste ámbito de Galicia. É unha rede aberta aos investigadores no campo da bioinformática.
A Rolda pretende poñer en contacto os grupos que utilizarán a bioinformática para as súas liñas de investigación, cos grupos nos que a bioinformática é a súa liña de investigación principal.
Dentro destas xornadas levaranse a cabo presentación de aplicativos relativos á bioinformática, algúns deles software libre como Biomart e Ensembl.
A RGB é unha iniciativa que ten como obxectivo estructurar e integrar as actividades de investigación e docencia en bioinformática e biocomputación que se realizan en Galicia. Desta forma pretende favorecer a cooperación e a competitividade nesta área de máximo interese da investigación en bioloxía e biomedicina.
Desde setembro de 2007, e como mínimo ata setembro do 2009, a RGB conta cun financiamento da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, dentro do programa de "Estrutura de investigación en rede".
Programa e máis información no web da RGB
