No marco da súa política de racionalización do gasto, a Corporación ten previsto a formación dos seus empregados en diferentes aplicacións de software libre orientadas ó tratamento gráfico de imaxes e deseño 3D.
Segundo explican no comunicado oficial, na súa aposta por seguir na vangarda tecnolóxica e pola innovación e como parte do seu plan de aforro e eficiencia, están a introducir ferramentas informáticas de software libre, como alternativa para aplicacións privativas con altos custos de licenzas.
O tipo de aplicacións libres que están a implantar están orientadas ao manexo de documentos en PDF, creación gráfica e 3D e tratamento dixital de imaxes.
Para fomentar o emprego destas tecnoloxías libres por parte dos seus profesionais, RTVE a través do seu instituto de formación e a súa aula virtual que funciona a través da plataforma Moodle, tamén de software libre, abriu unha convocatoria de cursos específicos.
O primeiro deles destinado á creación e tratamento dixital de imaxes, está orientado a crear e modificar as mesmas para ser empregadas en documentos audiovisuais e gráficos. O segundo está orientado a deseño gráfico e modelado 3D.
Aínda que a ausencia de custo por licenza non é a única vantaxe do software libre, moitas entidades soen achegarse por primeira vez a estas tecnoloxias por este motivo, para acabar descubrindo co tempo a súa idoneidade e o resto de vantaxes que ofrece.
