Nestes momentos, a web de OpenOffice.org atópase saturada debido á alta demanda dos usuarios para descargar esta nova versión:
- Versión para Linux de 32 e 64 bits en formatos RPM e DEB con e sen Java Runtime Environment (JRE), ademais dos paquetes de idioma.
- Versións para Windows con e sen Java Runtime Environment (JRE), ademais dos paquetes de idioma.
- Versión para Mac OS X con procesadores Intel que non necesita da aplicación X11 para executarse, polo que se integra perfectamente no contorno de Mac OS X.
- Versións para Solaris Sparc, x86 con e sen JRE.
- Ademais do código fonte para aqueles que prefiran compilalo.
Páxina de descargas de OpenOffice.org:
http://download.openoffice.org
Máis información en:
http://www.openoffice.org

