Mancomún

Saíu a versión oficial de Seamonkey 2.0 en galego.

Martes, 27 Outubro 2009

Seamonkey 2.0 en galegoPódese descargar SeaMonkey 2.0 en galego desde as seguintes ligazóns:
GNU/Linux: seamonkey-2.0.tar.bz2Windows: SeaMonkey Setup 2.0.exeMac OS X: SeaMonkey 2.0.dmg

O proxecto SeaMonkey de Mozilla anuncia hoxe a publicación da súa nova xeración, completamente remodelada, da suite todo-en-un de Internet: SeaMonkey 2.0, xa está dispoñíbel para descarga gratuíta e en galego, e xunta as ideas detrás de Netscape Communicator coa moderna plataforma de Firefox 3.5 para crear un dos produtos de código aberto máis apetecíbeis para os usuarios avanzados de Internet.

A combinación dun navegador de Internet, un cliente de correo e grupos de novas, un editor HTML, un cliente de IRC e ferramentas de desenvolvemento web, que xa ten estabelecido unha ampla base de usuarios nas súas anteriores edicións, foi reconstruída sobre a moderna plataforma Mozilla, incorporando, entre outras cousas, unha xestión de complementos de primeira orde. Ademais, mellorouse coa lectura de canles (incluíndo un lector de canles RSS e Atom no compoñente de correo), unha imaxe moderna, a recuperación de separadores e xanelas do navegador despois dun peche inesperado ou reinicio, correo con separadores, actualizacións automáticas, buscas intelixentes no historial desde a barra de enderezos, un motor de JavaScript máis rápido, características de HTML5 (como por exemplo, vídeo e tipografías descargábeis) e incluso a posibilidade de instalar o complemento de calendario Lightning (o cal publicará unha beta para a súa instalación en SeaMonkey 2.0 nas próximas semanas).

As notas da versión inclúen unha lista máis detallada das melloras e problemas coñecidos desta nova versión, así como os requirimentos e instrucións de instalación. ¡Descobre máis información sobre SeaMonkey 2.0 e o proxecto SeaMonkey en seamonkey-project.org!.
Instrucións para a instalación

O ficheiro .exe é o instalador da versión de Windows que lle permite elixir que complementos instalar.

Para GNU/Linux, hai que descargar e descomprimir o ficheiro .tar.bz2. Dentro atoparedes un cartafol chamado seamonkey e dentro del o executable do SeaMonkey.

Para Mac OS X distribúense os ficheiros .dmg que son imaxes de disco automontábeis que conteñen o SeaMonkey en binario universal para PPC e Intel.

Tamén hai dispoñíbel o paquetes de idioma para o galego no seguinte enderezo:
Paquete de idioma para o galego

Memoria de tradución de SeaMonkey 2.0 en galego

Esta é a memoria de tradución deste aplicativo, sacada directamente dos repositorios de galego oficiais de Mozilla e posto á vosa disposición no Corpus de Mancomún, tanto para descarga, como para consulta:
SeaMonkey_2.0.po.tmx

A xestión destra tradución lévase a cabo na seguinte páxina:
http://galician.mozdev.org

Animámosvos a todos aqueles que queirades contribuír a que visitedes a páxina e vos rexistredes na rolda de correo da mesma.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal