Podemos ler en amarok.kde.org :
O mundo da administración da música dixital cambiou bastante dende o nacemento de Amarok fa
i xa 4 anos e medio. Amarok 1 estableceu a súa reputación por innovación, pero manter o desenvolvemento co framework anterior volveuse máis dificil a medida que Amarok crecía, ás veces en formas que nunca imaxinamos. KDE4 trouxo moitas novas tecnoloxías e patróns de deseño, e decidimos usar esta oportunidade para mellorar o deseño orixinal de Amarok. Pensamos sobre como deseñar mellor un programa que nos permitiría estar á vangarda da administración de música dixital. Tamén buscamos distinguir Amarok nun saturado mercado de reprodutores de música. Para conseguir isto tomamos as mellores ideas da serie 1.x, e realizamos unha choiva de ideas sobre que facer para que os nosos usuarios “redescubriran a música”. E así, o desenvolvemento comezou.
Agora, despois de 2 anos de desenvolvemento, estamos orgullosos de anunciar que Amarok 2 chegou. Pero esta chegada é só o comezo…
Amarok 2.0 trae consigo moitos cambios:
- Interface de usuario redeseñada completamente.
- Grande integración con servizos en liña como Magnatune, Jamendo, MP3tunes, Last.fm e Shoutcast.
- API de scripting completamente mellorada e soporte para plugins que permiten unha mellor integración con Amarok
- Migración dende o contorno de KDE 3 ao de KDE 4 e utilización de tecnoloxías basee talles como Solid, Phonon e Plasma
A interface de usuario foi redeseñada para facer a información de contexto como as letras e álbums do mesmo artista máis accesible e permitirche decidir que información queres ver engadindo applets á vista de contexto situada ao medio. As novas listas de reprodución parciais ofrecen unha forma de deixar a Amarok facerse cargo da túa lista de reprodución de maneira intelixente, similar ás listas dinámicas en versións anteriores. Un novo sistema de servizos outorga integración con servizos en liña como Jamendo , Magnatune e Ampache . Novos servizos poden ser facilmente engadidos a través de “GetHotNewStuff” en Amarok ou desde kde-apps.org . Máis applets e scripts están a ser programados e obviamente, os usuarios están convidados a contribuír para facer que Amarok se adapte e cumpra as súas necesidades. A migración desde o contorno de KDE 3 ao de KDE 4 permítenos facer uso de tecnoloxías como Plasma, Phonon e Solid as cales fan Amarok fácil de usar, manter e listo para o futuro da música na túa computadora e na internet.

Estas son só algunhas das novas características de Amarok 2. Dálle unha proba!
