Xa está dispoñíbel a nova versión de GParted, a 0.4.8-6. Trátase dun CD vivo que está dispoñíbel tanto en ISO como ZIP, destinado ao particionamento de discos duros mediante unha interface gráfica. Con este lanzamento corríxese un fallo importante no parted que non permite recoñecer os cambios feitos nas particións polos novos núcleos.
Esta é unha versión estábel, de mantemento, dirixida a corrixir en especial un erro que ten o parted 1.9.0, xa que este non estaba informando apropiadamente dos cambios feitos nas particións en núcleos novos como o 2.6.30.
A nova versión de Gparted xa ten o erro corrixido e para a versión anterior xa existe un parche para corrixilo.
Dende a páxina do proxecto advirten que empregar Gparted en algúns equipos HP Pavilion pode danar o ventilador da tarxeta gráfica.
Fonte: espaciolinux.com
