Mancomún

Samsung propón incluír o seu controlador exFAT no núcleo Linux

Mércores, 29 Xaneiro 2020

exFAT é un sistema de arquivos creado por Microsoft para abordar as limitacións de FAT32 cando se usa en unidades flash de gran capacidade.
Ata fai pouco o uso deste sistema de arquivos en Linux requería a activación do soporte e o uso de software de terceiros, sendo esta unha implementación privada.

Recentemente, Microsoft publicou as especificacións e fixo posible utilizar as patentes exFAT para Linux de forma gratuíta (non liberou o código fonte, soamente liberaou os dereitos de uso de exFAT).

Samsung propuxo incluír no kernel de Linux un conxunto de parches coa súa implementación do novo controlador exFAT.

O novo código implica máis operacións con metadatos e inclúe a corrección de varios erros. De momento, soamente se usa en dispositivos Samsung Android.

Se se aceptan os parches, incluiranse no kernel Linux 5.6, e publicarase dentro de 2 ou tres 3 meses.

Máis información sobre o controlador nesta web

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal