Sarakanda é unha tipografía deseñada por Alejandro Valdez, que ten a particularidade de estar dirixida aos rapaces/as con dislexia. Aínda está en fase de desenvolvemento, o autor baseouse na
bibliografía existente sobre o tema, as recomendacións pedagóxicas que investigou e probas reais con nenos e nenas con dislexia.
Mediante o uso de trazos diferentes e máis claros para diferenciar mellor as letras que se parecen e poden resultar confusas, o alfabeto resultante está adaptado á fisioloxía da lectura e á maneira particular en que os nenos e nenas con dislexia desenvolven o proceso da aprendizaxe.
No seu blogue, o autor describe todo o proceso da súa creación e das probas que foi realizando. Cando estea terminada publicaraa no seu blogue en formato OpenType…
Fonte orixinal da nova:
http://www.microsiervos.com
Máis información en:
http://www.tercermundo.ws