Mancomún

SCO deberá pagar 2,54 millóns de dólares a Novell

Mércores, 3 Decembro 2008
Semella que a longa historia de demandas por parte da empresa SCO ao mundo linux achégase ao seu fin. Logo Novell

O 7 de marzo do 2003, unha compañía chamada SCO Group fixo público que ían demandar a IBM por considerar que o xigante azul fixera contribucións ao núcleo de Linux con código da súa propiedade.

En maio dese mesmo ano, os dirixentes de SCO comezaron a enviar cartas ás 1.500 corporacións máis importantes do mundo para advertirlles de que si utilizaban algunha distribución de GNU/Linux poderíanse ver involucrados en problemas legais con eles xa que estarían a atentar contra os seus dereitos de propiedade intelectual sobre o código orixinal de UNIX.

Pouco despois, non se lles ocorreu nada mellor que levar ante os tribunais tamén a Novell despois de que esta empresa rexistrara algúns compoñentes esenciais de Unix que en SCO consideraban da súa propiedade. A cousa, como cabía esperar, non rematou ben e en agosto do 2007 a xustiza estadounidense fallou a favor dos intereses de Novell nunha sentenza contra a que os de SCO recorreron.

Pois ben, onte deuse a coñecer unha nova resolución en torno ao caso e esta non puido ser peor para os intereses de SCO. No auto, o xuíz Dale A. Kimball ratificou a sentenza anterior, determinou que a razón segue estando do lado de Novell e resolveu que SCO deberá pagar a Novell 2.547.817 dólares, máis case outro millón (918.122) adicional polos intereses acumulados.

Teoricamente SCO aínda podería apelar a unha instancia superior, pero si temos en conta que dende mediados do ano pasado están en bancarrota, parece difícil crer que se vaian embarcar nunha aventura xudicial de final incerto e cuns custos económicos tan altos.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal