Mancomún

Season of KDE busca estudantes e mentores

Xoves, 26 Decembro 2019

Dende a comunidade de KDE están procurando tanto mentores coma estudantes para o programa Season of KDE. Mediante o programa, incorporarase a novos estudantes como contribuidores á comunidade de KDE realizando un proxecto mediante o cal se realicen tarefas en KDE, estas tarefas non necesariamente teñen por que ser de desenvolvemento, senón que poden ser tamén de localización, documentación, administración de sistemas… Así non está limitado só a programadores e pode participar calquera tipo de estudante.

Con este programa conséguese unha incorporación ao proxecto involucrando a toda persoa que se presente ao programa e sexa escollida en algún dos diversos proxectos que forman parte de KDE, como pode ser Krita, Plasma, Plasma Mobile, WikiToLearn… Trátase dunha moi boa opción para comezar a traballar en proxectos reais e comunitarios de software libre tendo que relacionarse coa comunidade mundial existente arredor dos mesmos.

Trátase dunha iniciativa que vai pola décima edición e que este ano ten como novidade que todos os proxectos terán unha duración de 40 días, dende principio de xaneiro ata mediados de febreiro.

A día de hoxe existen uns cantos programas similares para incorporar novas persoas con ganas de involucrarse en proxectos libres como por exemplo, os seguintes:

Tampouco compre esquecerse dos concursos máis próximos, como:

Calendario de Season of KDE

  • Ate o 3 de xaneiro de 2020: Período de solicitudes
  • 6 de xaneiro de 2020: Anuncio dos proxectos escollidos
  • Dende 8 de xaneiro ao 17 de febreiro de 2020: Traballo nos proxectos
  • 21 de febreiro de 2020: Anuncio dos resultados

 

Máis información acerca do programa no anuncio oficial ou na páxina do programa.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal