Mancomún

Segunda beta de GALPon MiniNo v2 Ártabros

Luns, 17 Setembro 2012

Logotipo de MiniNo 2.0O desenvolvemento da nova versión de GALPon MiniNo vai por moi bo camiño e a unha boa velocidade xa que apenas unha semana despois do anuncio da primeira beta, xa nos están anunciando a segunda beta.

Esta nova beta corrixe unha serie de erros ou eivas detectados na primeira beta:

  • Corrixido un fallo na configuración de «initramfs» que impedía instalar plymouth.
  • Corrixido un fallo que impedía a correcta montaxe de unidades CD.
  • Corrixido un fallo no instalador automático que impedia un posterior formatado.
  • Corrixido un fallo no instalador automático, que non recoñecia discos sen formato.
  • Corrixido un fallo na selección do núcleo i686 como predeterminado.

  • Corrixido un fallo que impedia a creación de /swapfile en instalacións sen «swap».
  • Cambiada a configuración inicial de Midori, buscadores e marcadores rápidos.
  • Corrixido un problema coa última versión de «flash», que non reproduce nada se a GPU non ten aceleración gráfica.
  • Agora a icona de instalación xa non aparece no escritorio, unha vez instalado.
  • Completada a traducción ao ingles e ao catalán dalgunhas cadeas que se tiñan quedado atrás.
  • Instalada a nova versión (3.2.0) de cronopete.

O equipo de desenvolvemento agradece toda a colaboración na fase de probas co obxectivo de obter unha versión 2.0 o máis estable posible.

Todos os interesados en probar esta segunda beta de GALPon MiniNo v2 Ártabros xa poden descargala dende a web do proxecto.

Ademais, lembramos que o próximo sábado 22, aś 12:00, Miguel Bouzada fará a presentación da nova versión no Kernel 2012 organizado pola Comunidade O Zulo.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal