Organizado polo Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) da Consellería de Economía, Emprego e Industria, o próximo día 21 de setembro de 2017, de 16:30 a 19:30 horas, terá lugar nas instalacións do CNTG un seminario sobre Arduino e a súa tecnoloxía de código aberto.
O seminario ten por obxectivo presentar a plataforma Arduino, que se converteu nun referente do hardware libre e que xurdiu como unha ferramenta para estudantes, artistas e deseñadores.
Debido á súa filosofía aberta e a unha gran comunidade de usuarios converteuse nun elemento imprescindible no movemento Maker, a docencia nas disciplinas do denominado STEM (science, technology engineering & mathematics), o impulso do IoT, a industria e I+D como ferramenta de prototipado. Neste seminario realizarse unha introdución sobre que é Arduino, empezando polo seu hardware, software e orixes. A continuación expoñeranse casos prácticos para mostrar que Arduino está ao alcance de calquera tipo de usuario.
No seminario tamén existirá tempo para expoñer casos reais de produtos baseados nesta plataforma así como os criterios para considerar á hora de traballar con esta plataforma. Por último, revisaranse os métodos de formación, facendo fincapé nos primeiros pasos con esta plataforma.
O detalle da axenda do seminario a podedes atopar na páxina web do CNTG . O seminario será desenvolvido por Rubén Beiroa Mosquera, Graduado en Enxeñería Electrónica Industrial e Automática pola Universidade de Vigo, con experiencia en formación e desenvolvemento de prototipos baseados en Arduino.
O acceso ao seminario, previa inscrición que se realizará en liña a través do portal web do CNTG, é gratuíto e condicionado ao aforamento do local. O acceso para aquelas persoas NON inscritas estará condicionado á existencia de prazas libres o día de celebración do evento. O prazo de inscrición estará aberto ata o día 21 de setembro.
