Mancomún

Seminario práctico sobre xestión de contidos con Software Libre no CDTIC

Luns, 4 Novembro 2013

Segundo se anunciou o mes pasado, a AMTEGA en colaboración con AGASOL está a desenvolver un ciclo de seminarios prácticos de solucións empresariais en software libre, dirixido ás pequenas e medianas empresas galegas. Estes seminarios estanse a celebrar no Centro Demostrador TIC de Galicia co obxectivo de achegar as TIC ao noso sector empresarial.

Imaxe do seminario de Tenda en Liña no CDTICO pasado martes 29 de outubro celebrouse o primeiro destes seminarios, Tenda en liña con Software Libre, cunha gran acollida de público que agargdamos se repita este xoves 7 de novembro.

De 10:00 a 14:00 horas celebrarase na aula de formación do CDTIC o segundo seminario deste ciclo adicado desta volta á xestión de contidos con Software Libre: CMS Joomla.

O seminario será impartido por D. Pablo Arias

  • Que é un Xestor de Contidos (CMS)? Que achega á miña empresa?
  • Alternativas de CMS no Software Libre.
  • Criterios para seleccionar un CMS Libre e un provedor.
  • Caso práctico: Traballar cun CMS Libre: Joomla

A asistencia a este seminario é totalmente gratuíta, sendo unicamente preciso cubrir o formulario de inscrición dende o portal do Centro Demostrador TIC, debido á limitación do aforo. Polo momento aínda quedan prazas libres, así que animamos a todos os interesados en participar a inscribirse cando antes.

Tenda en liña con Software Libre

O pasado martes 29 de outubro celebrouse o primeiro destes seminarios, Tenda en liña con Software Libre, cunha gran acollida de público.

Un total de 22 persoas participaron no seminario que impartiu Ero Sante, socio fundador de Madialeva. cuns resultados moi satisfactorios, segundo a información reflectida nas enquisas de satisfacción cubertas polos asistentes.

Durante as 4 horas da formación os asistentes puideron coñecer as bases teóricas necesarias para tomar a decisión de como poñer en marcha a súa tenda en liña, que características deben analizar á hora de escoller unha solución TIC axeitada, recoñecer a necesidade de contar coa axuda de expertos na materia para evitar sorpresas desagradables e finalmente puideron traballar de forma práctica coa solución Prestashop guiados pola experiencia do poñente.

A presentación empregada polo poñente para a exposición teórica está dispoñible para a súa consulta.

Este ciclo de seminarios forma parte das distintas actuacións de fomento e promoción do software libre no ámbito empresarial recollidas no Plan de acción en Software Libre do ano 2013 da Xunta de Galicia.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal