O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) da Consellería de Traballo e Benestar organiza un seminario sobre axustes de rendemento Red Hat para o vindeiro luns 29 de abril de 16:30 a 20:00 horas que terá lugar nas instalacións do CNTG.
Durante o desenvolvemento da xornada trataranse os conceptos xerais e os fundamentos de “Red Hat performance tuning”, as ferramentas de medición e comprobación de optimizacións, tuning de CPU, de memoria, de rede, de almacenamento etc …
A xornada vai dirixida preferentemente a administradores/as e técnicos/as de sistemas e, en xeral, profesionais con coñecementos previos do sistema operativo Linux con interese en coñecer as metodoloxías de axuste de rendemento nun contorno Red Hat Linux.
O relator do seminario será Fernando Ruiz-Tapiador, colaborador habitual do CNTG como formador en administración avanzada de sistemas Red Hat Linux que está en posesión de nove certificacións Red Hat entre as que se inclúen a de RHCE (Red Hat Enterprise Linux Certified Engineer), RHCI (Red Hat Enterprise Certified Instructor), RHCX (Red Hat Linux Certified Examiner) e a RHCA, a de maior nivel de entre todas as acreditacións Red Hat, como arquitecto certificado.
O prazo de inscrición estará aberto ata o domingo 28 de abril. Para inscribirse é preciso rexistrarse primeiro como usuario na web do CNTG. O acceso ao seminario para aquelas persoas NON inscritas estará condicionado á existencia de prazas libres o día de celebración do evento.
Fonte: CNTG
