Mancomún

Seminario sobre Big e Apache Hadoop con Cloudera no CNTG

Mércores, 16 Outubro 2013

Imaxe do CNTGO Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) da Consellería de Traballo e Benestar organiza un seminario sobre Big Data e Apache Hadoop con Cloudera que será impartido pola empresa CoreNetworks S.L., partner oficial de formación Cloudera, o vindeiro día 6 de novembro, de 9:30 a 13:30 horas, no salón de actos do CNTG. O relator da xornada será Arnauld Delanoue, instrutor oficial de Cloudera

A xornada está deseñada para dar a coñecer as tecnoloxías clave de Hadoop, trasladar aos asistentes como funciona HDFS MapReduce e introducir no desenvolvemento de aplicacións MapReduce. Este seminario diríxese preferentemente para desenvolvedores con coñecemento e algunha experiencia en linguaxes de programación,preferentemente Java e, en xeral, persoal técnico interesado en adquirir coñecementos sobre a materia. Non son necesarios coñecementos previos en Hadoop.
Big Data é o termo que define o conxunto de tecnoloxías e aplicacións de negocio que interveñen na captura, tratamento e análise de cantidades voluminosas de datos estruturados e desestruturados (blogs, redes sociais etc..) obtidos de diferentes fontes e normalmente en tempo real.

Apache Hadoop é un framework de software que soporta aplicacións distribuidas baixo unha licenza de software libre. Hadoop ofrece soporte para o procesamento de todos os tipos de datos (estruturados, semiestruturados ou non estruturados) e a posibilidade de ampliación aberta de Hadoop permite aos desenvolvedores enriquecelo con capacidades especializadas para unha ampla gama de aplicacións.

Cloudera é o fabricante de software que proporciona as certificacións asociadas a Big Data e Apache Hadoop.

O relator da xornada será Arnauld Delanoue, instrutor oficial de Cloudera. Arnauld Delanoue é enxeñeiro de informática e está en posesión, entre outras, das certificacións Cloudera Certified Developer for Apache Hadoop, Cloudera Certified Administrator, Cloudera Certified Specialist in Apache HBade (onde acadou a puntuación máis alta a nivel mundial) etc … Actualmente é formador de Apache Hadoop para Europa e Latinoamérica.

O acceso ao seminario, previa inscrición a realizar en liña a través do portal web do CNTG, é de balde e condicionado ao aforo do local. O acceso ao salón de actos para aquelas persoas NON inscritas estará condicionado á existencia de prazas libres o día de celebración do evento.

Para obter máis información ou se inscribir na xornada:
https://cntg.xunta.es/web/cnt/<wbr></wbr>acontecimientos

Se está interesado en participar neste seminario e non pode desprazarse a Santiago, pode acudir a súa aula CeMIT máis próxima (http://cemit.xunta.es/) e solicitar a súa participación vía videoconferencia.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal