Mancomún

Seminario sobre vNext no CNTG

Martes, 24 Febreiro 2015

Imaxe do CNTGMañá mércores 25 de febreiro, o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) da Consellería de Traballo e Benestar ofrece un seminario sobre vNext, proxecto orientado ao desenvolvemento web multiplataforma e Open Source.

O seminario terá lugar no salón de actos do centro en horario de 16:30 a 20:00 horas. O acceso ao seminario, previa inscrición a realizar en liña a través do portal web do CNTG, é de balde e condicionado ao aforo do local. O acceso ao acto para aquelas persoas NON inscritas estará condicionado á existencia de prazas libres o día de realización do evento.

vNext supón a creación dun novo framework .NET, optimizado para traballar na nube, con maior rendemento, menor consumo de memoria, multiplataforma e de código aberto. O obxectivo principal do seminario consiste en dar a coñecer aos asistentes en que consiste e cales son as melloras que aporta vNext, mostrándose, para tales efectos, exemplos de aplicacións funcionando en Mac, GNU/Linux e Windows.
A xornada vai dirixida particularmente a analistas, desenvolvedores/as e programadores/as interesados/as no desenvolvemento de aplicacións e servizos web en contornas híbridas e, en xeral, a profesionais IT con interese na temática. O relator da xornada será o galego Unai Zorrilla Castro, socio fundador da empresa Plain Concepts, unha das empresas máis importantes en desenvolvementos Microsoft, con sedes en España, USA e Dubai. Autor de varios libros, Unai impartiu numerosas conferencias e charlas técnicas en todo o mundo, sendo recoñecido por Microsoft como MVP (most valuable professional) durante máis dunha década.

A axenda do seminario é a seguinte:

  • Introdución a ASP .NET VNext
    • Project K
    • KVM e K
    • CLR e CoreCLR
    • ASP . NET open source
  • ASP .NET MVC 6
    • MVC6 = MVC + Web API + Web Pages
    • Novidades en Razor
    • MVC6 Startup
    • ASP . NET + GRUNT + BOWER + GULP
  • Entity Framework 6

Máis información na sección de acontecementos do portal do CNT

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal