Mancomún

Seminarios de formación sobre Drupal en Redondela

Xoves, 20 Novembro 2014

Logo de DrupalLogo do éxito de convocatoria obtido no mes de outubro nos seminarios formativos sobre o xestor de contidos Drupal que se impartiron en Santiago de Compostela, o CDTIC decidiu organizar unha nova edición destes seminarios, desta volta en Redondela.

Así o Centro Demostrador TIC organiza os seminarios “Administración básica de Drupal” e “Administración avanzada de Drupal” que se celebrarán os días 24 de novembro e 1 de decembro respectivamente, en horario de 16:00 a 20:00 horas, na Aula CeMIT de Chapela (Redondela), situada no edificio da Asociación de Mulleres Agarimo.

No seminario do vindeiro 24 de novembro, administración básica, os asistentes coñecerán os fundamentos de Drupal 7 aprendendo a montalo dende cero e a xestionar unha páxina web utilizando este sistema de xestión de contidos. O segundo dos seminarios, administración avanzada, permitirá aos asistentes afondar na utilización e configuración de Drupal con características avanzadas do sistema.

Estes seminarios van dirixidos a profesionais TIC, responsables de xestionar as webs das empresas, ou traballadores autónomos etc. que queiran crear unha páxina web en Drupal ou ben xa administran unha e desexan afondar na súa utilización e na incorporación de máis funcións.
En ambos os dous seminarios, os asistentes contarán cun equipo informático para pór en práctica os conceptos e as ferramentas descritas na clase.

O encargado de impartir as sesións será Christian von Eitzen, enxeñeiro superior de Telecomunicacións que, desde o ano 1999, traballa desenvolvendo e dirixindo proxectos, e sendo responsable de diferentes sistemas web, comercio electrónico e plataformas en internet.

A asistencia a ambos seminarios é de balde, sendo tan só preciso inscribirse a través do o seu espazo usuario do portal web do CDTIC.

Os programas completos de ambos seminarios son:

  • Administración básica de Drupal
    • A web
    • Os sistemas de xestión de contidos
    • Presentación de Drupal 7
    • Requisitos e instalación paso a paso
    • Xestión básica de contidos (nodos, formatos de entrada, opcións de publicación, buscar contidos)
    • Organización de contidos
    • Xestión de menús
    • Xestión de temas
    • Introdución aos módulos
    • Introdución ao CCK, nodos a medida
    • Introdución aos bloques
  • Administración avanzada de Drupal
    • Boas prácticas en xestión de contidos
    • Introdución aos sistemas de xestión de contidos
    • Por que Drupal 7?
    • Nodos e imaxes
    • CCK
    • Menús
    • Módulos do core e opcionais
    • Formularios
    • Vistas
    • Galería de imaxes
    • SEO
    • Xestión avanzada de usuarios
    • Internacionalización
    • Copias de seguridade
    • Actualizacións
    • Outros aspectos de mantemento

Estes seminarios forman parte da oferta formativa en software libre no CDTIC dentro do Plan de Acción en materia de Software Libre 2014.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal