Mancomún

Seminarios web sectoriais de Openbravo

Mércores, 3 Novembro 2010

Logo de OpenbravoOpenbravo organiza unha serie de seminarios web sectoriais gratuítos destacando algúns dos sectores que xa son casos de éxito para Openbravo e nos que se exporán os retos TIC aos que se enfrontan eses sectores así como as características e vantaxes específicas da solución que Openbravo ten para cada un deles.

Estes seminarios desenvolveranse ao longo do mes de novembro de 2010 adicando un seminario a cada un dos seguintes sectores empresariais :

  • Distribución e Minoristas
  • Entidades Non Lucrativas
  • Servizos Profesionais
  • Fabricación

Todos aqueles que estean interesados en coñecer as vantaxes de Openbravo só deben rexistrarse no seminario do sector ao que pertenza e conectarse á plataforma de difusión o día e hora do mesmo.

  • Distribución e Minoristas

As baixas marxes e a competencia global cada vez máis agresiva son os desafíos que están a obrigar a moitos distribuidores a centrarse en reducir os custos e mellorar a eficiencia, unha tarefa difícil se se ten en conta que as cadeas de subministración son cada vez máis complexas.

No sector Minorista tense que facer fronte a unha gran complexidade tanto operacional como de sistemas debido á apertura de novas tendas e á introdución do e-commerce para a captación de novos clientes ou retención dos mesmos. O investimento en inventario debe manterse totalmente baixo control pero ao mesmo tempo hai que evitar quedar sen produtos nos puntos de venda.

Neste seminario abordarase o que pode ofrecer Openbravo ás empresas adicadas á distribución e ás http://www.openbravo.com/es/product/erp/industry-spotlight/retail/.

Datas: 26 Outubro e 5 Novembro

Hora: 16:00 horas

  • Entidades Non Lucrativas

As ENL (Entidades Non Lucrativas) teñen a difícil tarefa de administrar e gañarse a confianza do seu público: doantes, patrocinadores, etc. A xestión financeira é crítica e implica xestionar o orzamento de forma efectiva, controlar o gasto, xestionar de maneira eficiente os recursos e ter unha total transparencia fiscal.

Neste seminario exporanse como Openbravo pode solucionar os retos e desafíos aos que as organizacións do terceiro sector se enfrontan hoxe en día.

Datas: 29 Outubro e 12 Novembro

Hora: 17:00 e 16:00 horas respectivamente

  • Sector Servizos Profesionais

As empresas que prestan servizos xeralmente traballan en base a proxectos e requiren dunha visibilidade real e control do proxecto para cumprir coas expectativas e os custos do cliente. Estas empresas están permanentemente tratando de mellorar a súa eficiencia na entrega de servizos a medida para os seus clientes e que lles permita maiores marxes, recorrencia e valiosas referencias.

Neste seminario exporase que pode ofrecer Openbravo ás empresas que prestan servizos como consultorías, legal, contabilidade, …

Datas: 9 Novembro e 16 Novembro

Hora: 16:00 horas

  • Sector Fabricación

Os fabricantes vense forzados cada vez máis a participar nos mercados globais, dinámicos e complexos, con ciclos de produto e patróns de demanda cambiantes, requirindo dunha relación estreita e colaborativa co cliente. Os desafíos tradicionais para reducir os tempos de entrega, ter unha dispoñibilidade de produto óptima e unha redución dos custos, veñen agora incrementados por unhas normativas reguladoras cada vez máis estritas e un maior risco e custo polo seu non cumprimento.

Este seminario mostrará como Openbravo axuda ás empresas de fabricación a reducir a complexidade e a mellorar a súa visibilidade e capacidade de resposta cun completo ERP en entorno web.

Datas: 2 Novembro e 19 Novembro

Hora: 16:00 horas

Todos os seminarios falarán de Openbravo Professional Edition, que é a solución de xestión empresarial (ERP) en software libre e en contorno web que ten sido implantada xa con éxito en diferentes industrias e segmentos de mercado. Esta edición comparte o mesmo código fonte e por tanto as mesmas funcionalidades que a Community Edition. A principal diferencia con esta é que a Professional ofrécese a través da rede de asociados de Openbravo e contempla facilidades para a implantación do sistema ademais de servizos de mantemento e asistencia baixo subscrición.

Fonte: Openbravo

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal