Rocket.Chat: A última solución de Software Libre para xestión da comunicación corporativa. Demostración en liña sobre a solución Rocket.Chat que terá lugar o 7 de outubro de 2020 de 16:30h a 18:30 horas.
A sesión demostradora está organizada polo CDTIC coa colaboración da empresa Queres Tecnologías.
Rocket.Chat

Con Rocket.Chat poderás controlar e xestionar os datos da túa comunicación, ter a túa propia plataforma de colaboración para mellorar a produtividade do teu equipo. Rocket.Chat é escalable, gratuíto e software libre, substitúe o correo electrónico e mellora o teu fluxo de traballo dixital.
Coa nova situación de espallamento do cadro do persoal por mor da crise sanitaria do COVID-19 é necesario coñecer as mellores solucións para manter unha correcta comunicación na distancia entre equipos de traballo.
Porque todo pasa moi rápido e hai que adaptarse. Para que isto suceda é indispensable coñecer as ferramentas dispoñibles mellor que a competencia.

A quen está dirixido?
Organizacións que desexen mellorar a súa comunicación, Responsables de sistemas e IT, RR.HH, persoal xerente …
Programa
– Que é Rocket.Chat?
– Funcionalidades destacadas
– Requerimentos
Exclusivamente por streaming

Pode atopar máis información así como inscribirse na páxina web do evento.
Imparte

Queres Tecnologías
Compañía que leva acompañando no proceso de transformación dixital a empresas como Estrela Galicia, Gadisa ou Rede Eléctrica de España desde hai máis de 10 anos e a organizacións públicas como o Sergas ou a Amtega.
Organizan

Agasol (Asociación de empresas GAlegas de SOftware Libre)
Iniciativa de empresas galegas de software libre que se agrupan nunha asociación para intentar acadar maiores oportunidades de negocio, exercer como interlocutoras dun sector en fase expansiva en Galicia e, ao tempo, promover un modelo de sociedade do coñecemento no que resulta clave a liberdade para mellorar os programas informáticos e facer públicos e accesibles eses progresos.

Amtega (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia)
Máis información na web do evento
