Mancomún

Sesión demostradora presencial no CDTIC : Xestión administrativo-loxística con Odoo

Mércores, 16 Outubro 2019

Sesión demostradora presencial no CDTIC sobre a solución ERP libre Odoo que terá lugar o 23 de outubro de 16:30 a 18:30.

A sesión demostradora está organizada polo CDTIC coa colaboración da empresa Anubía soluciones en la nube (consultora especialista e partner de Odoo).


Funcionalidades destacadas de Odoo

– Capacidade de engadir clientes á nosa lista, produtos ao noso catálogo e mesmo xerar asentos contables
– Realización de cálculos automáticos de prezos e custos de venda
– Xerar orzamentos que se poden converter en pedidos, albarás e facturas
– Completamente accesible dende calquera dispositivo que teña un navegador web
– Amplo catálogo de plugins e unha activa comunidade de colaboradores

A quen está dirixido?

A empresas de distribución, tanto en venta por xunto como polo miúdo, de calquera tamaño ou sector que estea interesada en xestionar a facturación, a contabilidade e a loxística desde un ERP, mellorar o tratamento dos datos xerados ao longo da súa actividade loxística e empresarial para mellorar a xestión diaria e toma de decisións ou en contratar a implantación do ERP (Odoo).

Odoo está dispoñibles no CDTIC Virtual para poder ser probado. O CDTIC Virtual, posto en marcha polo Centro Demostrador TIC, constitúe un servizo no que empresas, organizacións e persoas usuarias poden probar e avaliar distintas aplicacións en software libre a través dun servizo na nube nun contorno privado, sen necesidade de dispoñer de recursos informáticos propios ou de persoal con coñecementos avanzados de sistemas.

As persoas interesadas en solicitar a avaliación dunha das aplicacións dispoñibles non teñen máis que rexistrarse como empresas e profesionais na web do CDTIC e posteriormente solicitar a aplicación ou as aplicacións que sexan do seu interese.

Programa

– Presentación práctica dos módulos de Odoo v12 para a xestión comercial, administrativa e loxística dunha PEME.
– Explicación do funcionamento básico e da configuración de módulos de Odoo: CRM, vendas, almacén, compras e contabilidade.
– Pausa café.
– Exposición dun caso de xestión comercial, administrativa e loxística.
– Realización dun exercicio práctico.

Inscrición

Pódese facer a inscrición a través desta web.

Imparte

Anubía Soluciones en la Nube

Consultora, formación, implantación e desenvolvemento de solucións de software de xestión empresarial en Software libre, na nube e coa filosofía de Software como servizo SaaS. Software modular e adaptado a todo tipo de empresas.

Organiza

Amtega, Agasol SwL e Anubía Soluciones en la Nube.

Agasol

Iniciativa de empresas galegas de software libre que se agrupan nunha asociación para intentar acadar maiores oportunidades de negocio, exercer como interlocutores dun sector en fase expansiva en Galicia e, ao tempo, promover un modelo de sociedade do coñecemento no que resulta clave a liberdade para mellorar os programas informáticos e facer públicos e accesibles eses progresos.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal