Mancomún

Sesión práctica sobre seguridade en servidores GNU/Linux

Venres, 11 Abril 2014

Cartel da xornadaA semana posterior ás próximas vacacións de semana santa preséntase cargada de actividades de difusión de Software Libre pola xeografía galega.

Así, se vimos de informarvos do relatorio de GIT impartido por GPUL na UDC e o obradoiro do software estatístico R organizado por GALPon en Vigo, o martes 22 de Abril será a USC quen acolla unha sesión práctica de seguridade en servidores GNU/Linux organizada pola OSL do CIXUG.

O seminario terá lugar de 10:00 a 12:00 horas, na Aula de proxectos da ETSE da USC. Está dirixido principalmente aos alumnos do Grao de Informática da ETSE, aínda que está aberto a todas aquelas persoas interesadas en coñecer de cerca os ataques máis habituais contra servidores, e o xeito de protexerse dos mesmos.

A sesión comezará cunha presentación da OSL a cargo do seu coordinador Rafael Rodríguez, e logo coa sesión práctica de seguridade en sistemas GNU/Linux da man de Kenneth Peiruza.
O programa será o seguinte:

  • Presentación da OSL: Rafael Rodríguez, coordinador da OSL, fará a presentación dos servizos da OSL para os estudantes universitarios galegos.
  • Sesión práctica de seguridade en servidores GNU/Linux. Estará dirixida por Kenneth Peiruza, consultor e formador en sistemas GNU/Linux, cunha ampla experiencia en labores de implantación, administración e securización de sistemas informáticos para empresas, tendo exercido ao longo dos seus máis de quince anos de traxectoria profesional como xefe de proxectos de auditoría de seguridade para entidades do sector da banca, seguros, colexios profesionais etc..

Organizado pola OSL, esta actividade conta coa colaboración da ETSE, e en particular coa axuda da profesora responsable da asignatura de Seguridade Informática, Puri Cariñena. Esta actvidade forma parte das que a OSL desenvolve ao abeiro do Convenio de colaboración coa AMTEGA para o fomento do software libre.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal