O próximo 25 de setembro, en horario de 16.30 a 18.30, terá lugar no CDTIC de Santiago de Compostela a sesión demostradora sobre:
Automatización Intelixente en Código Aberto: Converxencia dos sistemas “Robotic Process Automation” e “Internet of Robotic Things”.

A evolución dos sistemas de Intelixencia Artificial permite cada vez máis automatizar tarefas dixitais e físicas. A desaparición destas tarefas repetitivas e a velocidade do cambio supoñen un reto importante ás empresas de software.
A sesión céntrase en empresas interesados en automatizar procesos de negocio replicando as accións dun ser humano interactuando coa interface de usuario dun sistema informático.
Dirixida a calquera persoa interesada na automatización intelixente, tanto empresas como investigadores.
Programa
– Introdución.
– Presentación do traballo de 3,14 Financial co obxectivo de atopar colaboradores.
– Evolución dos sistemas RPA: Sistemas cognitivos e os chatbots.
– Outras ramas menos coñecidas de Intelixencia Artificial, pero que facilitan avanzar cara a unha automatización intelixente en dominios concretos.
– Converxencia destes sistemas con tarefas físicas.
Pódese descargar o programa completo nesta ligazón.
Inscrición
Pódese facer a inscrición a través desta web.
Imparte

3,14 Financial
É unha empresa de consultoría tecnolóxica e desenvolvemento de software creada en 2001.
Organiza
Amtega, Agasol SwL e 3,14 Financial
Agasol

Iniciativa de empresas galegas de software libre que se agrupan nunha asociación para intentar acadar maiores oportunidades de negocio, exercer como interlocutores dun sector en fase expansiva en Galicia e, ao tempo, promover un modelo de sociedade do coñecemento no que resulta clave a liberdade para mellorar os programas informáticos e facer públicos e accesibles eses progresos.
