O próximo sábado 18 de maio en horario de 11:00 a 13:30, Bricolabs inicia unha serie de “Sesións introdutorias a GNU/Linux“, onde calquera poderá asistir libremente e aprender desde cero todo o necesario para instalar e utilizar un sistema operativo libre ou mellorar as habilidades sobre este tipo de software.

Como podedes ver no cartel, tamén tocaranse outros temas relacionados con este entorno en sesións posteriores:
- Uso do terminal
- Git (control de versións)
- Ferramentas libres para desenvolvemento de hardware
- Sistemas operativos lixeiros para darlle unha segunda vida a equipos informáticos vellos
Desde Bricolabs comentan:
A idea inicial é intentar organizar unha sesión diferente cada 7 ou 15 días, ao longo dos próximos meses, onde os alumnos poidan ver os diferentes temas que se queren tocar.
Na primeira sesión, “Sesión01 – Instalación e iniciación a Linux con @salvari e @raivenra“, os asistentes aprenderán a probar e instalar unha distribución GNU/Linux nos seus ordenadores, realizar as configuracións básicas do sistema e instalar aplicacións nela.

Recomendan aos asistentes levar portátil, rato e unha memoria usb para realizar as prácticas durante o obradoiro.
Data: 18 de maio
Horario: 11.00 a 13.30 horas
Lugar: museo Domus de A Coruña
Máis información no twitter de Bricolabs.
