Sushi, huh? é un aplicativo que permite descargar todos os paquetes necesarios para actualizar a nosa distribución GNU/Linux, gardalos nun dispositivo de almacenamento, como por exemplo unha chave USB, e logo instalalos nun computador que non dispoña de conexión a Internet.
Este aplicativo está dirixido para aquelas persoas, que non poden ter acceso a Internet dende o seu equipo. Pódense actualizar distribucións como Debian, Fedora, Ubuntu, Mandriva e openSUSE.
Ademais unha das vantaxes deste aplicativo é que simplifica a tarefa de instalación de aplicativos, algo que aínda que é sinxelo para os usuarios veteranos de GNU/Linux, adoita ser unha ardua tarefa para os acabados de chegar ao mundo Linux.
Para poder empregar Shushi, huh?, hai que acceder a un equipo que si conte con acceso a Internet, onde executaremos este aplicativo, podese facer dende Windows executando sushi_huh.bat ou dende unha distribución de GNU/Linux executando python sushi_huh.py (polo cal é preciso ter instalado Python), despois abrirase o navegador predeterminado apuntando á o enderezo http://localhost:7874, no que se atopa a interface que permite indicarlle a Shushi, huh? A distribución, versión, arquitectura e repositorios dende os que queremos descargar os paquetes. O aplicativo compilará a información precisa e poderemos elixir e descargar os paquetes que queremos instalar na nosa distribución.
Fonte:microteknologias
