Mancomún

Shuttle lanza o All-in-One X500V de pantalla táctil con OpenSUSE 11.1 preinstalado

Venres, 4 Setembro 2009

All-in-One X500VShuttle Inc. Europa bota man do software libre para o seu novo computador All-in-One X500V, presentado recentemente, e que trae como sistema operativo preinstalado OpenSUSE 11.1.

Este computador pódese instalar nun soporte de parede ou nun brazo de monitor e é un equipo especialmente delgado, xa que o seu grosor non supera os 3,6 cm. Ademais das súas dimensións tamén conta cunhas características técnicas moi atractivas de entre as que destacan:

  • Procesador Intel Atom 330 de dobre núcleo (2 x 1,6 Ghz)

  • 1 GB de memoria DDR2

  • Disco duro de 160 GB

  • Pantalla táctil de 15,6”(39,6cm, resolución 1366×768)

  • Cámara web de 1,3 megapíxeles

  • Lector de tarxetas

  • Micrófono e altofalantes estéreo

  • Rede Gigabit e Wlan

  • 6 canles de audio

  • Saída VGA

  • 5 portos USB

O OpenSUSE 11.1 con que conta este computador conta con todas as posibilidades de instalación de paquetes para personalizalo, segundo as necesidades das persoas usuarias.
O prezo do All-in-One X500V é de 515€ e está dispoñíbel dende a páxina de Shuttle cunha configuración personalizada ou mediante comercios especializados, pero polo momentos só é posíbel atopar este equipo en Europa.

5All-in-One X500VAll-in-One X500V

Fonte: http://www.espaciolinux.com/2009/09/shuttle-presenta-pc-all-in-one-con-opensuse-11-1-preinstalado/

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal