En ocasións o software tradicional de xestión dispoñíbel para autónomos ou PEME resulta demasiado extenso e complexo cando, ao contar estes xa cunha asesoría externa, o único obxectivo que se busca é facturar sen maiores complicacións -sen pedidos, sen almacén, sen stocks…
O aplicativo, con licenza GPL, funciona vía web en ambos casos, coa diferenza de que pode ser contratado como un servizo a cambio dunha cota mensual de 39 euros ou ben ser descargada e instalada no propio servidor permitindo o acceso dende a rede local ou desde o exterior a usuarios remotos sen custo ningún, a cambio de prescindir do mantemento, a parametrización, as actualizacións…
SdSimple xestiona a facturación tanto emitida como recibida, con xestión de cobros e pagamentos, posibilidade de incluír sinatura electrónica nas facturas, xestión documental integrada, xestión de bancos, clientes, provedores e listados. Dispón dunha interface bastante lograda e cun funcionamento realmente fluído, que proporciona unha experiencia próxima ao traballo en local ao que a maioría dos usuarios están afeitos.
As características deste aplicativo poden ser revisadas a fondo probando a demo que está dispoñíbel na web de SdSimple.
DVD da PEME
Mancomún tamén pon a disposición das PEME unha completa compilación de ferramentas informáticas de código aberto, gratuítas e en galego dirixidas a satisfacer as súas necesidades máis básicas (navegación, ofimática…), como as de maior complexidade (ERP).
Cos programas contidos no "DVD ferramentas informáticas para a PEME" calquera empresa pode dispor de aplicativos para manexar a súa contabilidade, xestionar os seus recursos, levar a súa comunicación interna e externa para, en definitiva, integrarse nun modelo empresarial baseado no coñecemento e as TIC cun custo cero e na nosa lingua.
Fonte: SdSimple
